Campamentos de verán
Os campamentos de verán posibilitan a creación dun espazo de educación, intercambio e experiencia fundamental no desenvolvemento de nenos/as e adolescentes. Nos campamentos de verán apréndese a convivir nun ambiente afastado do entrono familiar cotiá. Melloramos así o proceso natural de maduración do ser humano, mediante unha axeitada programación de activididades lúdicas que non esquecen a educación en valores.
Actividades
O campamento pode ter unha temática común que o faga máis atraínte aos participantes. Ademais, na programación final terase en conta as suxestións do persoal municipal, atendendo ás áreas específicas que se prefiran potenciar.
A programación definitiva entregarase un mes antes do inicio do campamento, para a súa validación polos servicios técnicos do concello.
Entre as diferentes actividades propostas estarán as seguintes:
- Actividades na natureza: marchas e sendeirismo, obradoiros de natureza, rastrexo e orientación, observación de fauna e flora.
- Actividades de socialización: deportes alternativos, festas, xogos cooperativos, xogos de simulación, excursións, traballo en pequenos grupos…
- Actividades de educación para a vida: alimentación san, deportes de esforzo, obradoiro de relaxación e masaxe, obradoiros de respiración…
- Actividades de creación: obradoiros de manualidades (papiroflexia, colares, pulseiras, caretas, monicreques, botellas de sal…), teatro, veladas.
- Actividades nocturnas: lume de campamento, veladas, noite de contos, xogo dos vagalumes, observación de estrelas, festa de despedida.
- Excursións: visita ás cidades prosimas, realizando unha excursión polos seus valores monumentais dun xeito lúdico e divertido.
- Actividades etnográficas: a fornada de pan, o tear de liño, horta escola e outras tarefas agrícolas tradicionais.