A nosa metodoloxía!
Os nosos principios metodolóxicos son os que dotan de sentido á actividade educativa. A nosa proposta xira en torno aos seguintes, sempre susceptibles de cambios en función das necesidades particulares de cada equipo.
Os Nosos Valores!
Os valores se reflicten en cada momento nas actitudes do equipo de traballo . A educación en valores básase no traballo sobre a experiencia. Non se falan se transmiten,se teñen como referencia no deseño e no estilo de traballo. Por eso sempre traballamos dende o respeto, a solidariedade, a colaboración e a igualdade.
|
|
|
A nosa experiencia!
Máis de 10 anos como empresa de actividades educativas e de tempo libre avalan a nosa traxectoria. No apartado de campamentos de verán, os fitos máis significativos:
- Verán de 2011: organización os campamentos e xestión das instalación de: Albergue Xuvenil ‘Benigno Quiroga’ (Portomarín), Campamento xuvenil ‘A Devesa’ (Ribadeo) , Campamento Xuvenil ‘Pontemaril’ (Forcarei) , «Penedos de Xacinto» (Entrimo – Ourense), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público) e Campamento Xuvenil ‘Os Biocos’ (San Xóan de Río ) albergue propio.
- Verán de 2010: organización dos campamentos e xestión da instalación «Penedos de Xacinto» (Entrimo – Ourense), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público), e Campamento Xuvenil ‘Os Biocos’ (San Xóan de Río ) albergue propio.
- Verán de 2009: organización dos campamentos e xestión da instalación «Penedos de Xacinto» (Entrimo – Ourense), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público).
- Verán de 2008: organización dos campamentos e xestión da instalación «Furelos» (Melide – A Coruña), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público).
- Verán de 2006: organización dos campamentos «Castrexos e romanos» e «Aventura solidaria» no albergue Os Biocos da Vía Nova (San Xoán de Río – Ourense), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público).
-
Verán de 2005: organización dos campamentos «Castrexos e romanos» e «Aventura solidaria» no albergue Os Biocos da
Vía Nova (San Xoán de Río – Ourense), durante a Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude (concurso público). - Desde o ano 2000: campamentos de verán en diversas instalacións galegas para varios concellos, con temáticas diversas.
- Desde o verán de 2005: campamentos para nenos/as do Club Santo Domingo (Ourense).



