Archive for the Category » Actividades «

Actividades

Aventura e deporte:

  • Rocódromo, piscina e rutas a pé e en bicicleta.

Campamento Gallaecia-Lusitania:

Este campamento transfronteirizo persegue crear un espazo lúdico de encontro da mocidade galega e portuguesa a través da realización de xogos e actividades en plena natureza, así como un maior coñecemento das dúas culturas raianas, percorrendo os espectaculares espazos históricos e naturais que agochan os parques de Baixa Limia, Serra de Xurés (Galicia) e Peneda-Gerês (Portugal). Trátase dunha convivencia multicultural para o intercambio de experiencias nun contorno natural. Os mozos/as poderán participar en actividades convivenciais ao aire libre, obradoiros, piscinas, rutas de sendeirismo e outras.

Campamento Entrimo Penedos_de_Xacinto Entrimo
Category: Actividades, Penedos de Xacinto  Comments off