Archive for the Category » Prepara a túa mochila «

Prepara a túa mochila!

Os seguintes consellos baséanse na nosa experiencia como participantes en campamentos.
Ás nais e aos pais:

  • É convinte que faga a maleta o neno/a nena.
    Aos/ás partipantes das actividades:
  • Cando decidas que roupa levar, escolle a máis cómoda e márcaa con nome e apelidos.
  • É importante levar calzado illante e roupa de abrigo (chaqueta impermeable, pantalóns longos e botas).

A continuación, unha proposta de equipaxe:

  • Chuvasqueiro
  • Gorra/sombreiro de palla para protexerse do sol (imprescindível).
  • Utensilios de aseo (cepillo de dentes, pasta, xel)
  • Roupa interior e pixama.
  • Camisetas de manga curta/tirantes, pantalóns curtos, longos, chándal.
  • Toalla para a piscina e toalla para a ducha.
  • Esteira (illante)
  • Crema protectora, repelente contra mosquitos.
  • Chanclas, bañadores e gorro para a piscina.
  • Lanterna.
  • Cantimplora.
  • Calzado cómodo e resistente para as marchas, calzado de reposto.
  • Unha mochila pequena para as excursións.
  • Bolsa para a roupa sucia.

NON leves móbil, cámaras de fotos, reprodutores música e/ou obxectos de valor. Non son necesarios e a súa perda ou dano pode prexudicar o bo desenvolvemento da actividade.

Por razóns de seguridade non se admiten obxectos cortantes ou punzantes.

TARXETA SANITARIA ORIXINAL

  • Teléfono: A organización pon a disposición dos pais e nais un teléfono de contacto e un HORARIO para que poidan falar co/coa monitor/a encargado/a, o/a coordinador/a ou directamente coas/cos súas/seus fillas/os no campamento.
  • Diñeiro: Non é necesario que os participantes dispoñan dunha cantidade excesiva de diñeiro para o campamento, recomendamos un máximo de 20 €. Non obstante haberá un banco no que os/as nenos/as poderán entregar a cantidade que desexen e o/a monitor/a encargado/a irá administrando o diñeiro.
Category: Penedos de Xacinto, Prepara a túa mochila  Comments off