Archive for the Category » Actividades «

Actividades

Campamento temático centrado na astronomía e na ciencia. As persoas asistentes contarán coa posibilidade de descubrir actividades moi novedosas e de realizar observacións astronómicas cun material ao alcance de pouca xente. Entre outras:

  • Observacións nocturnas, con aprendizaxe de manexo de telescopios de aficionado.
  • Observacións diurnas, con telescopios solares en H- alfa.
  • Seguemento en visual e vídeo de satélites artificiais. Análise de fotografía meteorolóxica.
  • Interpretación de imaxes planetarias. Elaboración de maquetas topográficas da Lúa e Marte.
  • Maquetas de naves espaciais.
  • Iniciación á astrofotografía.
  • Construción de reloxos de Sol.
  • Cohetes de auga e cohetes de astromodelismo.
  • Recepción de datos de satélites.
  • Construción de radiotelescopio caseiro.
  • Manexo dun planetario dixital.
  • Introdución á astrobioloxía.
  • Elaboración de documentos con formato de artigo científico.
  • Mantemento de blogue da actividade.
  • Cine espacial e simuladores para os días de mal tempo.

Lanzamento de cohetes

Lanzamento de cohetes

Aprendizaxe de astronomía

Explicación previa a unha 'misión'

Eclipse anular de Sol do 3 de outubro de 2005

Astronomia

Como en todos os nosos campamentos, os aspectos educativos e convivenciais tamén serán relevantes. A nosa empresa aposta pola educación en valores nos campamentos.

  • Bicicleta de montaña.
  • Xeocaching ou busca de tesouros con GPS.
  • Tiro con arco.
  • Sendeirismo, visitas pola zona, piscina…

A estruturación das visitas vén determinada pola súa duración. Na proposta de actividades que se oferta inténtase evitar procesos acelerados que alteren o ritmo habitual do neno/a, evitándolle confusión, cansazo e saturación, ao mesmo tempo o desaproveitamento dos recursos reais que se ofrecen.

Todo o que vivimos educa. Temos uns momentos ao longo do día destinados ao reforzo de HÁBITOS e RUTINAS, persoais e de grupo: hixiene persoal, pór e recoller as mesas do comedor, ordenar as cousas na habitación, lavado de mans, coidado e recollida de xogos,… co fin de favorecer a autonomía persoal e a capacidade de colaborar en tarefas diarias de grupo.


Tiro con arco

Bicileta todo terreo

Castrexos e romanos

Bicileta todo terreo

Excursións

Excursións