Quenes somos?

Os/As monitores/as

Son a ferramenta executora da nosa metodoloxía, de facer efectivos os nosos obxectivos educativos e de desenvolver as actividades segundo os nosos principios educativos.

Son os transmisores dos valores que están presentes de xeito transversal en todas e cada unha das nosas actividades.

Contamos cun equipo de profesionais do tempo libre con elevada formación no campo da pedagoxía e con especialistas con ampla experiencia nas actividade que ofertamos. (astronomía, orientación, interpretación da natureza…)

Fórmate con nós!

A nosa empresa ten asinado un convenio de colaboración con varias escolas, entre elas, a Escola de Tempo Libre Animacción.

A Escola de Tempo Libre Animacción organiza o curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre na modalidade intensiva no mes de xullo e agosto. Terá lugar no albergue dos Biocos, en San Xoán de Rio. Ofertamos este curso debido á demanda que estamos a recibir por parte de persoas interesadas.